Esta fin de semana pasada non houbo competicións, pero si un stage moi interesante organizado polo Judo Lugo, a quen agradecemos a invitación! Cinco d@s nos@s judokas participaron no stage na capital lucense, dirixido pola gran judoka lixeira medallista mundial e europea Julia Figueroa.
Estiveron Mateo, Hugo, Liam, Claudia M e Mario F, así como unha grantidade de judokas do Núcleo Galego, NuGa, do que forma parte o noso club.
Noraboa!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario