sábado, 15 de marzo de 2025

LIGA OLEIROS ULTIMA XORNADA EQUIPOS s11 e s13

Hoxe sábado 15 marzo tiña lugar a última xornada da Liga do Concello de Oleiros na súa modalidade por equipos s11 e s13. 

Magnífica actuación dos nosos catro equipos, os cales tralas anteriores xornadas loitaban por distintos postos da táboa clasificatoria final.

En s11 quinto posto do noso equipo tras ganar os seus tres combates. Destacamos este equipo en particular xa que en toda a liga perdeu un só encontro, pero os puntos do triple empate na cabeza do seu grupo deixounos fóra do play off polo título. 

O outro equipo s11 ficaba finalmente no 15º posto, similar ao 14º dun dos nosos equipos s13. O segundo equipo s13 acababa igualmente a quinta plaza.

Temos que enfatizar o gran papel de todos os equipos nunha liga que non para de medrar e na que participaron 25 equipos nunha categoría e 27 na outra, con clubs de Coruña capital, provincia, Oleiros, Estrada, dous de Asturias, Santiago, Lugo capital e provincia, etc.

Noraboa!!








No hay comentarios:

Publicar un comentario