domingo, 8 de marzo de 2026

SUPERCOPA ESPAÑA S18, ALICANTE: HUGO VIQUEIRA PRATA

Onte sábado 7 de marzo gañaba Hugo Viqueira unha nova medalla en Copa de España  en -81kg, tralos múltiples bronces deste ano, esta vez prata, que por moi pouco non foi ouro. En Alicante no Gran Evento Supercopa de España s18 Isabel Fernández, última copa da tempada 2025-26, partiamos como cabezas de serie número 1 en -81kg. Hugo formaba parte da expedición do NuGa, Núcleo Galego de Judo, cuxos judokas fixeron de novo unha gran actuación. 

Hugo libra en 1ª ronda e fai en segunda ronda contra o valenciano Foster (quen ao final sería bronce), contra o que realizamos un combate serio, sobre todo a partir do segundo minuto, onde marcamos dúas veces e luxamos. En cuartos de final Hugo gaña por ippon pola vía rápida ao andaluz Rodriguez Borrego. En semis non estamos cómodos ante o valenciano Rancic, con agarre superior potente, o que leva a un combate de riscos ás veces innecesarios, no que era un continuo todo ou nada, o que leva a un empate a wazari e yuko para cada un, logo de makikomis e contras. Nos últimos intres Hugo logra o segundo wazari de contra e entra na final. 

No combate final vs Galindo de Valencia, segundo cabeza de serie, táctica moi distinta ante un judoka que entra continuamente abaixo de kata guruma. Logramos un yuko, que logo é igualado, e aquí prodúcese un punto de inflexión, xa que apuramos de máis e coidamos menos os detalles. Nun intercambio de agarres embarullado na esquina, tratamos de facer un ataque desequilibrados e pagamos o prezo, caendo e sendo inmovilizados. Unha mágoa, pero nestes niveis os erros páganse caros. En todo caso, gran resultado de novo de Hugo. O ranking nacional deu un salto ao se colar in extremis no top 3 o balear polo baremo insular, bronce onte, Galindo fóra a pesar de gañar, e Hugo un pouco máis abaixo. Así que a por todas no Campionato de Galicia, seguindo co obxectivo do Nacional. Noraboa, Hugo!




No hay comentarios:

Publicar un comentario