domingo, 15 de marzo de 2026

ULTIMA XORNADA LIGAS OLEIROS e RIAS ALTAS: BRONCES EQUIPOS S11, S13 e SENIOR, OURO HUGO VIQUEIRA

Pois outra fin de semana intensa coa xornada final de dúas das 3 ligas nas que estamos participando este ano. O sábado 14 era a quenda dos play off para decidir a clasificación final en Oleiros na liga por equipos mixtos s11 e s13 e, pola outra banda, a xornada final da Liga Rías Altas, en Touro, na que desta vez estabamos con 2 s18 e co equipo senior (cada xornada é independente, con formato de campionato estándar).

Os resultados, sobre todo desde a perspectiva global das ligas e da situación concreta desta fin de semana con baixas de última hora case todas elas por cuestións de saúde, foron excelentes. Pero temos que ser incorfomistas e ben puderon ser aínda algo mellores 😉

Resumo de resultados:

Ouro: Hugo Viqueira -90kg s18 individual (Rías Altas)

Bronces: Equipo s13 Azul e Equipo s11 (ambos Oleiros), equipo Senior (Rías Altas)

En Oleiros o Equipo Terras Branco quedou segundo da Liga B, o que implica un 12º posto no global. En Touro saía tamén Dani González -55kg s18, quedando fóra das medallas nun duro campionato.

-----SÁBADO 14 LIGA OLEIROS S13 e S11------

Gran xornada cos bronces nas ligas A s11 e s13, se ben rozamos a prata en dúas categorías, froito nun caso de pequenos erros e no outro de ir moi condicionados por mor de baixas por saúde de última hora. Na liga B s13 boa actuación tamén do noso equipo Terras Branco. Isto confirma a gran actuación de tod@s @s nos@s deportistas participantes en todas as xornadas da Liga. Nesta ocasión a expedición ía comandada polos sensei Manuel e Mano, coa inestimable e constante axuda de Hugo Viqueira.

Na liga s13 con 18 equipos, o equipo Terras Azul viase obrigado a saír con 2 pesos baleiros por culpa problemas físicos de última hora, co cal, saíron Gonzalo e Diego -34 kg, quen ian rotando subindo un deles a -38kg, e Pablo. A pesar deste hándicap victoria ante JC Escola 3-1, derrota vs Avilés 0-5 e apretada derrota 2-3 vs Lugokan. 

Na liga B victorias do Terras Branco ante Avilés B 3-2 e Lugokan Branco 2-2 (21-16) e derrota vs Coruña A 1-3. Equipo formado hoxe por Matías, Caitán, Ian, Enzo, Héctor, Leo, Filipe e Greta. 




En sub 11 na liga tomaban parte 26 equipos (!), onde o noso equipo disputou o play off polo título. Competían hoxe Dorotea, Ian, Adrián L, Carme, Adrián B, Cristóbal e Brais. Por moi pouco non quedamos prata ou máis, pero gran bronce igualmente. Victoria ante Oleiros D 3-2, derrota ante Avilés A 2-3 e vs Oleiros B 2-3. 



---- DOMINGO 15 LIGA RÍAS ALTAS, TOURO individual s18 e equipo senior ----

Xornada intensa en Touro con dous cadetes e o equipo senior. En s18 Hugo Viqueira gañaba os seus tres combates en -90kg, probando cousas e facendo tests para o seu obxectivo de gañar o campionato de Galicia en -81kg e clasificar para o nacional, en cuxo ranking está no top 6. O outro cadete Dani perdía nun duro combate por 1 wazar e 2 yukos contra 2 yukos del ante o rival lucense. Na repesca en -55kg, unha mágoa: mala elección de agarres, ficamos desequilibrados e nos marcan. A seguir traballando mirando xa para o cpto galego. Na foto Dani de azul, con Hugo e o equipo senior.


O equipo senior tiña unha inesperada baixa de última hora en -75k, o que nos obrigou a subir a Iago Iglesias en -66kg. Tampouco tiñamos +60F, co cal de mérito é o torneo hoxe. Na xornada de hoxe facían 7 equipos e na primera ronda tocounos contra á postre gañadores, o Culleredo. Derrota ante eles 1-4, sendo o noso equipo Hugo Soria (Famu de Frutos), Iago Iglesias, David Alvarez e Claudia Martínez. Houbo un par de combates igualados nos que non estivemos finos, pero en xeral demos guerra. Mateo quedou tocado no seu nocello, tras quedar bloqueado no sode de xeonllos do seu rival. Decidimos que non saíse no seguinte encontro. 

Libramos o primeiro combate de repesca, co cal xa fixemos directamente o bronce vs Compostela. Encontro caldeado polo ambiente, pero o noso equipo foi quen de levarse a victoria por 4-3. Tras chegar a empate 3-3, o sorteo daba como combate que decidía o encontro a categoría +85kg, onde sacamos a David subido de -85. Cun gran tomoe nage ante o seu rival selaba o bronce. Neste encontro estaban Hugo Soria, Iago Iglesias, Hugo Viqueira, David Alvarez e Claudia Martínez. Na foto o Culleredo (1º), Coruña (2º) e os bronces, nós, o Terras e o Cambre. 


Como sempre mover o equipo senior é un orgullo, reflicte a profundidade dun club; nesta liga acabamos con 2 bronces e 2 quintos nesta categoría. Se a iso lle sumamos os bronces dos equipos s11 e s13 na liga tan potente de Oleiros, consideramos que hai que sentirse orgullos@s d@s nos@s judokas. 

Agora, a descansar.... ou non :) xa que na seguinte fin de semana toca a Copa de España Senior en Marín o sábado e domingo a Liga Golden Serpe cos s15 e s13 en Rábade, Lugo. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario