sábado, 2 de abril de 2022

COPA DE ESPAÑA SENIOR DE MARIN

Comezamos a fin de semana intensa de eventos coa Copa de España Absoluta de Marín, este sábado 2 de abril. Neste campionato presentabamos dous judokas: Pablo Pérez en -73 kg e David Alvarez en -81 kg, este último aínda junior. 

Se ben é certo que non traiamos máis aspiracións que facer o maior número de combates, dado o nivel do Campionato, con seleccións nacionais (Panamá, Noruega, Finlandia, Portugal...) e medallistas nacionais e internacionais, si que esperabamos ter mellores sensacións. En 73 derrota exprés de Pablo ante o navarro Ibai Gracia, á postre quinto, para na repesca perder tamén máis rápido do que debiamos. Está claro que temos que subir de marcha se queremos estar arriba e hoxe andabamos varias marchas por detrás en intensidade. En todo caso, repetimos, a calidade xeral do nivel da competición e o feito de que os nosos dous judokas están moi centrados nos seus difíciles estudos universitarios, non permiten que esta tarefa sexa tan doada como dicila. 

En canto a David pensamos que podía gañar o seu combate ante o panameño Harrison, pero este se nos adiantaba sempre nas accións e nos fomos quen de cambiar o ritmo do combate para levalo ao noso terreo, co cal perdemos e non repescamos, trala derrota do noso rival ante o aragonés García Obensa, prata final na categoría. 

Tamén participaba Montse Pardo, judoka produto da nosa canteira, que reside e entrena dende hai un tempo en Madrid e loita baixo licenza madrileña, e foi quen de obter a medalla de prata na dura categoría de -70 kg, con varias medallistas nacionais e unha mundial entre as participantes. Victoria traballada ante a galega Costoya por wazari. Tamén duro combate ante a asturiana Souto, quen viña de derrotar á noruega Alsgaard. Tras ao noso xuízo marcar Montse un wazari, inmoviliza e métese na final ante a judoka portuguesa medallista de Grand Slam, Crisostomo. Bo combate, pero nunha acción con moito risco acaba sendo proxectada. 

Na foto os nosos judokas participantes con Montse e Ana María García Esmorís, a nosa medallista nacional senior, agora retirada e adicada á súa profesión como médico, quen se achegou a ver aos seus compañeiros. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario