O sábado 7 de maio participaban @s nos@s judokas na Copa de España Junior de Ourense. Non iamos con pretensións altas, dado que @s tres participantes son aínda cadetes, unha delas estreaba categoría de peso e tiñamos unha baixa (do cuarto judoka) de Tomás, quen volvía a ter os mesmos problemas fisicos que tanto condicionaron a súa participación no galego s18. Pero si que é certo que algo máis esperabamos en certas situacións. Claudia López debutaba en -57 kg, perdendo o seu primeiro combate ante a asturiana Alvarez, pero logo na repesca non empezar mal, pero logo non fomos quen de defender unha estratexia e técnica moi claras dunha judoka moito máis baixa. É necesario pasar etapas e Claudia de novo estreaba categoría (ata o de agora -52 kg). Así que toca seguir aprendendo e adaptarse; confiamos na constancia de Claudia.
En -52 kg saía Claudia Martínez, que leva repetindo un esquema que empeza moi ben e acaba mal. Dominamos, marcamos, perdemos a paciencia e nos contran ante técnicas nosas con riscos innecesario. Así foi o primeiro combate ante a judoka do Cambre, Montero. Logo na repesca derrota ante Rocío Castro do Base... por contra. Unha mágoa, porque realmente Claudia ten sobradas cualidades para estar máis arriba.
En -60 kg tiñamos a Iago Iglesias, quen está caendo en erros repetidos. Tras gañar por 2 wazaris, saimos sen ningún ritmo ante o medalla nacional Patiño, que nos despacha rapidamente. Na repesca ante Samuel Tato volvemos a facernos un auto ippon, que xa é un clásico nos últimos tempos. Estamos tratando de correxir esta cuestión técnico-táctica nun judoka como Iago, con cualidades, pero que tras facer grandes combates, pode mostrarnos a súa peor cara. Seguiremos traballando, porque Iago ten que estar si ou si máis arriba.
No hay comentarios:
Publicar un comentario