jueves, 24 de noviembre de 2022

ENTRENO CO JC AVILÉS EN LA SALLE

Hoxe xoves 24 de novembro tivemos a refrescante visita de 4 judokas e do entrenador e responsable do JC Avilés, os cales, de camiño á Copa Junior de Canarias, fixeron parada en Santiago e entrenaron con nós. 

Un reencontro cun vello amigo como o gran entrenador avilesino Carlos Fernández, quen traía a 4 dos seus judokas, Elisa (ouro no sector nacional senior e bronce na copa junior de Asturias), Julia (bronce no sector senior) e os fortes judokas Iker e Iván. Tamén quixeron unirse Berto e Diego, amigos do Judo Club Base, tamén en preparación para a Copa Junior de Canarias. 

Nós encantados de poder entrenar e preparar con moitos randoris de calidade á expedición que mañá parte para o Villa de Amurrio (Tomás, Javi, Claudia L, Claudia M, Mateo e Mario). Os nosos seniors e juniors tamén fixeron combates de calidade. Polo cal, ficamos moi contentos de volver a compartir tatami con vellos amigos. ¡Noraboa a tod@s polo traballo de hoxe!





No hay comentarios:

Publicar un comentario