sábado, 26 de noviembre de 2022

VILLA DE AMURRIO S18: MATEO 3º, TOMÁS E MARIO 5º

Boa experiencia a nosa volta a Amurrio, agora que xa non é Copa de España, pero segue a ser unha cita de referencia, e máis ao engadiren a categoría cadete. Precisamente nesta categoría s-18 foi onde presentamos a 6 judokas, co principal obxectivo de estar o máis arrriba posible, pero, sobre todo, facer combates e máis combates en escenarios fóra de Galicia, para curtinos na competición. 

Tres judokas estiveron arriba: Mateo Bello, bronce en +90 kg, Tomás Vázquez 5º en -60 kg e Mario Vilaseco 5º en -66 kg. Noraboa aos tres!

Analizando a competición por peso tod@s @s nos@s judokas, empezamos coas dúas Claudias. Claudia López en -57 non estivo  moi fina e perdeu sen opcións de medalla. Temos que seguir a traballar na confianza. Claudia Martínez en  -52 kg perdeu en primeira ronda nun combate que tiñamos no peto, para logo, segundo o noso xuízo, perder nun combate no que as decisións arbitrais perxudicaron á nosa judoka. A seguir a traballar, despois dunha época de mala sorte que está tendo Claudia, pero que seguro que vai superar en breve. 

Javi Veloso en -55 kg perdeu nos seus dous combates. Cremos que temos que traballar con máis intensidade nos entrenos, para poder avanzar. En -60 kg Tomás perdeu no seu segundo combate, tamén baixo a nosa perspectiva, inxustamente, nunha acción de contra realizada por el, que é anotada ao seu rival, correxida pola mesa e rectificada polo árbitro central. Nos seguintes combates houbo que tirar de cadrís, porque dispotou 5 seguidos nuns 15 minutos, o que fixo que no combate polo bronce estivera cansado e perdeu, tras ¡8 combates! Non están a acompañar as medallas a Tomás de momento nas tres competicións que leva disputado neste comezo de tempada tras realizar ...... ¡17 combates entre as tres! A súa categoría, moi concorrida, ten esta circunstancia.... En -66 kg Mario Vilaseco fixo un gran quinto posto tras 6 combates, a pesar de non estar a rendir como pode e debe nos últimos entrenos. Confiamos nel e na súa capacidade para que nos vindeiros eventos estea máis fino e .... máis arriba.  Mateo Bello continúa a acumular medallas nunha categoría, +90 kg, na que el era dos peso máis baixos e falamos dun cadete de primeirisimo ano. Tamén hai que destacar que nun combate no que tiña inmovilizado ao seu rival ao borde do tatami, o seu contrincante, cando trataba de escapar, golpeu sen querer o marcador e o árbitro, en lugar de permitir a continuación da inmovilización, como é o caso normalmente, decidiu paralo... e, finalmente, non fomos quen de gañar. Non nos podemos confiar a pesar do traballo es cualidades de Mateo. 


Foto de grupo conxunta do Terras co club amigo Base, da Estrada, con quen compartimos a expedición 
Mateo no podium de +90 kg
@s nos@s judokas, como sempre, exemplo do gran ambiente de equipo que temos 


 Noraboa a tod@s e....ata a próxima competición!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario