domingo, 22 de octubre de 2023

DAVID QUINTO NO CAMPIONATO DE GALICIA ABSOLUTO

Onte día 21 outubro celebrábase en Ferrol unha nova edición do Campionato de Galicia Absoluto, repetíndose a tendencia dos últimos anos: cada vez menos participación, a cal é de moito alto nivel e unha mestura de judokas veteráns e juniors e mesmo algún cadete. Isto fai que nalgúns pesos sexa realmente complicado estar arriba. A casualidade quixo que precisamente os nosos 2 únicos representantes estivesen en 2 deses pesos: Alex en -81 kg, a categoría máis concurrida, e tras anos sen competir, e David nun peso duro en xeral, -90 kg. 

Alex saía na previa ante o madrileño con licenza galega, Ramírez, judoka moito máis baixo, a quen lle deixamos demasiado espazo en nos marca un ippon de seoi, técnica coa que foi avanzando na competición, pero quedou en cuartos de final, o que deixaba sen repesca a Alex. Pecamos de falta de ritmo competitivo, xustificado totalmente trala pausa de moitos anos sen competir de Alex. E ficamos contentos das súas ganas por volver a pisar un tatami para competir. 

David tiña un peso complicado en -90 kg, cun primeiro enfrentamento ante Brais Pereira, con quen o principio nos mostramos sólidos, pero logo cun agarre superior nos abanea e desequilibra para marcar ippon. Tras unha pausa moi longa para esperar á repesca, saimos algo durmidos frente a Polo do JK; marcamos wazari, pero estamos atascados, ata que sacamos otro wazari. No pase ao bronce mellor combate, pero faltos de saber aproveitar as moitas opcións de proxección que tivemos antes Rodríguez do Hércules, a quen marcamos ippon de makikomi nos últimos segundos. 

O bronce nos levaba contra Miras do Cambre, quen mostraba un agarre superior, pero quen sacou un proveito excesivo, agarrando ao cinto de seguido e, sen embargo, David era o sancionado por posición pasiva. Logo prodúcese unha acción de tsuri goshi de Miras, quen entra coa cabeza no chan, o cal leva a descalificación directa - estamos vivindo moitos exemplos en campionatos internaciones, nos que mesmo campións do mundo están sendo descalificados por esta acción simplemente por tocar coa faciana primeiro. Reclamamos, pero non é atendida a nosa petición de revisión. Certo é que o judoka do Cambre dominiba nos agarres e David ía atrás, pero volvemos a atoparnos con outra acción que, polo menos, merecía revisión, xa que o rival entra un sode facendo que David quede bloqueado polo hombro, e ten que rodar para non lesionarse, acción que en moitas ocasións é sancionada con expulsión directa para o atacante. Aquí os árbitros tampouco revisan. En definitiva, un quinto posto que nos deixa con cara de non sabemos que, porque se ben o rival nos levaba en agarres, pensamos que sen dúbida houbo alo menos unha acción merecedora de hansoku-make para o rival. 

En xeral, boa competición de David, algo falto de ritmo, pero sempre está na loita polas medallas, ano tras ano. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario