domingo, 15 de octubre de 2023

MATEO BRONCE NA SUPERCOPA S18 DE VIGO

Onte sábado 14 de outubro competía o noso único representante na Supercopa de España s-18 en Vigo.  Noraboa polo seu bronce, unha nova medalla para Mateo, quen saiu en +90 kg, categoría na que figurar como cabeza de serie  número 1 e segue a acumular bos resultados. Mailo bo resultado ficamos con sentimentos encontrados, xa que sempre está aí arriba, pero  podía estar máis arriba. En xeral, levaba el cos combates ante rivais en xeral de moito máis peso, pero faltounos eficencia técnica e cometimos algún erro estratéxico. Perdemos en cuartos de final ante o catalán Carreras, a quen levamos os agarres, pero empezamos a perder a compostura, metémonos detrás e nos marcan wazari. Aínda así pensamos que podía marcar, pero faltounos chispa nas técnicas. Na repesca, victoria cómoda ante o santiagués González, para logo no bronce estar sempre por diante e vencemos cun wazari de cambio atrás ante o extremeño Herencia. 

Noraboa e temos que seguir limando detalles para estar sempre o máis arriba posible. 



Hoxe domingo 15 de outubro participaban no entreno federativo trala Supercopa tanto Mateo como Hugo. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario