domingo, 1 de octubre de 2023

STAGE BILODID E TORNEO SAN FROILAN

Empezamos a nova tempada en Lugo coa participación de vari@s d@s nos@s judokas no Stage de San Froilán, organizado polo JC Lugo e a Federación Galega, quen convocaba a Mateo como parte da selección autonómica participante. O sábado 30 de setembro acudían David, Javi, Mateo, Hugo, Tomás e Mario ao entreno federativo e stage San Froilán, onde a doble campiona do mundo, a ucraniana Daria Bilodid mostraba as súas técnicas principais que a levaron a ser a judoka en ser a campiona do mundo senior máis nova, con 17 anos (tendo en conta tanto a categoría masculina como a feminina).


O domingo 01 outubro participabamos no Torneo junior por equipos de San Froilán, tamén en Lugo, onde saiamos con 2 pesos valeiros, pero aínda así estimamos tiñamos opcións de facer un bo papel. Por desgracia, Tomás enfermou e só foi quen de facer un combate, Javi tivo que sustituilo e saír contra judokas 7 kg + pesados, Mario arriscou de máis nalgún combate, Mateo non soubo manter combates que levaba el, Hugo pecou de falta de táboas como cadete (a súa primeira competición nesta categoría), Claudia despistouse e a única que fixo unha competición ao nivel esperado foi a fichaxe do JC Oleiros, Marta Plaza, aínda que Mario foi competitivo nos seus combates (gañou 2 e perdeu un que ía gañando). En realidade o que se notou foi que era o noso primeiro torneo, pero véronse cousas boas e sabemos en que dirección traballar. Como delegado e coach acudía David. 

Perdimos na liga clasificatoria vs Arteixo e Shiai e gañamos a Senín. Noraboa pola fin de semana ben completiña. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario