Hoxe 9 de decembro participaba Mateo Bello na Supercopa de España s18 de Pamplona, coa doble finalidade de facer combates de calidade e de sumar puntos contra os primeiros do ranking nacional, sendo el o terceiro e estando presentes os dous primeiros.
O quinto posto en +90kg nos deixa cun sabor agridoce. Por unha banda, sumamos puntos, pero en realidade cremos que o noso posto tiña que estar máis arriba, tras librar en primeira e gañar en cuartos por dous wazari ante o seu rival rioxano, tiñamos como contrincante nas semis ao valenciano Stefan, moito máis alto e pesado que Mateo. Aínda así, estamos ben nos agarres, pero cometemos o erro de entrar un makikomi sen o desequilibrio necesario e somos contrados por wazari, que e secundado máis adiante por un segundo wazari.
Na loita polo bronce ante o aragonés Anduiza, empezamos despistados, pisamos fóra, recibimos shidos, que logo equilibramos grazas á maior actividade de Mateo, pero chega o momento que decide o combate. O seu rival, ante o agarre superior de Mateo, trata de contrar e nós reaccionamos con makikomi moi lexos, que fai que na rotación arrastrando ao rival, entremos coa faciana no chan, acción que coa nova normativa é sancionada con hansokumake. Saber que este tipo de erros ou situacións teñen afectado mesmo a campións do mundo recentemente, non quita a decepción, xa que, vista a evolución do combate, entendemos que a victoria ben podía caer do noso lado.
A seguir pulindo detalles e preparando os seguintes compromisos. Noraboa a Mateo en todo caso, quen sempre está aí arriba na loita polas medallas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario