A segunda xornada da liga Rías Altas tiña lugar hoxe 6 de decembro en Carballo, a onde acudiamos con 2 judokas, trala baixa de última hora de Jesús, enfermo.
Repetimos os resultados da primeira xornada, con Claudia Vilaseco ouro en +63 kg s15 e Hugo Viqueira, bronce en -81 kg s18. Claudia fixo en xeral unha competición boa, cun judo seguro, bo traballo de chan e ideas claras. Seguimos na boa liña de progreso técnico e táctico. Hugo puido estar máis arriba pensamos, pero o que nos faltou o outro día, sobrounos algo hoxe e pecamos de ir demasiado abertos ao ataque, que nos deu un ippon de uchi mata, pero tamén algunha contra. Aínda así, satisfeitos, xa que imos pouco a pouco consolidando o traballo dos adestramentos.
Como delegados do club asistían Javi e Mario. Moitas grazas a ambos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario