lunes, 30 de septiembre de 2024

28-29 Setembro: Supercopa junior Valencia, Stage e Torneo San Froilán

Esta fin de semana estivo completa de eventos onde o noso club participou.

* Supercopa España Junior en Valencia: 

Saía ao tatami Tomás Vázquez Morandeira en -66kg, no seu primero cpto tras un ano complexo con lesión e problemas físicos. Contentos por velo de novo nun evento así; con iso nos quedamos e adiestrando forte. Gaña o primeiro e atáscase en segunda, perdendo por wazari e fóra da repesca. 

*  Stage San Froilán, Lugo:

Como invitada de honra e dando máster class, a medallista mundial, a gran judoka francesa Bouchard. 

Do noso club: Claudia V, Claudia M, Hugo, Javi e Mateo (convocado pola federación galega).

*Torneo San Froilán, Lugo:

Participaron cinco dos nosos s18, con Claudia Martínez como xefa da expedición, e lograron:

🥇Hugo -81kg, Mario F -90kg e Mateo +100kg

🥉 Claudia V -70kg

Participaba tamén Lucas en -66kg.

En xeral boa actuación nun torneo que precisamente por non ser copa de España, axudaba a preparar tranquilamente os eventos próximos e pulir detalles, como algúns regalos innecesarios de Mateo ou Hugo ou un nivel por debaixo das capacidades de Claudia V. Pero resolveron ben, destacando a victoria de Mario nos seus dous combates, judoka con pouca experiencia. Con Lucas seguemos trsballando a súa transición de pesos e dado o pouco tempo que leva en judo.

Así que noraboa ao equipo!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario