domingo, 6 de octubre de 2024

SUPERCOPA ESPAÑA S18 SANTANDER: HUGO 9º

Esta fin de semana tiñamos a Hugo Viqueira  na Super Copa de España de Santander s18 na categoría de -81 kg como único representante noso da delegación do NuGa, Núcleo Galego de Adestramento, do que forma parte o noso club. Moi boa actuación de Hugo, seguindo na liña ascendente no seu judo, con variedade técnica e mellor control do tempo do combate. Unha mágoa a impaciencia nalgún momento. Empezamos con victoria traballada contra Olcina de Castela-León, para derrotar ao asturiano Quiroga. En cuartos cedemos ante o campión de España, o coruñés Nicolás Freire, para logo na repesca perder nun eterno combate no que cando por fin fomos quen de superar o agarre do contrario, pecamos de impulsivos e nos metimos detrás do rival, quen nos proxecta para wazari. 

A fin de semana próxima, Hugo estará de novo noutra Super Copa, a de Vigo, e a continuar co traballo, que imos polo bo camiño. 

         Hugo con Fran Garrigós, campión mundial e bronce nos Xogos Olímpicos


No hay comentarios:

Publicar un comentario