Seguimos con varias frontes abertas todas as fins de semana. ESta vez foron tres eventos.
Pola mañá tivemos en Fene, na Casa do Humor, organizado pola Federación Galega de Judo e D.A. o seminario de reciclaxe de arbitraxe no que se tocaron as novas normas que logo se aplicaron por primeira vez en campionatos oficiais pola tarde.
O día pechábase co Campionato de Galicia Junior en Ferrol. Pola tarde saiamos ao tatami con obxectivos claros, algún se conseguiu, outros quedaron a medias. En xeral estivemos competitivos, pero non fin@s de todo. Dous bronces e un quinto posto sobre catro foron o noso botín.
En -66 kg victoria de barrido de Tomás Vázquez, para logo competir contra o sempre difícil judoka ferrolán Carrodeguas. Combate igualado e na segunda parte do mesmo un dos varios intentos de kata guruma de frente do rival nos pilla e marca ippon, mais o judoka local non chega a semis, co cal quedamos sen repesca. Non damos desatascado a bucle na que estamos, pero temos que ter paciencia, porque calidade haina.
En -90 kg estreaba categoría de peso o aínda cadete de segundo ano Hugo Viqueira, quen logra un meritorio quinto posto, que ben pudo ser máis. En 1ª derrota vs o medalla nacional Trillo. En repesca victoria fácil, para no bronce perder contra o a priori principal rival no galego cadete, López, judoka do Hércules.
Os bronces chegaron da man de Mateo Bello en -100kg, cadete de último ano, quen, unha vez acadado o obxectivo primeiro, a clasificación matemática por ranking nacional s18 en +90kg, viña coa meta de acadar o ouro e poñerse primeiro do ranking galego junior e, deste modo, se clasificar directamente para o sector oeste. O primeiro obxectivo non foi cumprido, tras caer en semis nun mal combate, para logo obter o bronce contra García Mayo, onde non estivemos finos, pero logrouse a victoria de ippon. O segundo obxectivo si que foi alcanzado, xa que este resultado permítelle adiantar ao ata o de agora primeiro no ranking galego.
O sábado tiñamos o núcleo de adestramento na sala de judo da USC, con clubs de toda Galicia, rondando @s 130 deportistas en dúas quendas desde s11 ata seniors. Participaban 8 judokas na 2ª quenda (s15 e +): Javi, Claudia M, Liam, Hugo, Mateo, Tomás, Lucas e Pablo. Na primeira quenda viñan mais de 20 judokas s11 e s13 do noso club.
Lembremos que estes adestramentos son froito da colaboración da Delegación de Santiago, da Federación Galega e da USC.
No hay comentarios:
Publicar un comentario