sábado, 8 de febrero de 2025

RESULTADOS LIGA OLEIROS EQUIPOS S11 E S13

Ficamos moi contentos coa actuación dos nosos 4 equipos na xornada de onte sábado 08 febreiro na segunda xornada da liga do Concello de Oleiros na modalide por equipos s11 e s13. 

Tiñamos, trala 1ª xornada, 2 equipos en liga A e 2 na B. Os catro fixeron un gran papel no grupo que lles tocou con distintos obxectivos. Os que estaban na liga A trataban de meterse entre os 2 primeiros do seu grupo para así de clasificaren para os play off polo título (postos 1º a 4º). 

O equipo s11 Terras Azul estivo moi preto e acabou o seu grupo con 4 victorias e 1 derrota, as mismas que o Avilés A e o Coruña A, nun clásico triángulo de equipos que nos vimos topando en todas as rondas todos os anos e estamos sempre arriba na clasificación. O triple empate decidiuse polo número total de puntos obtidos en cada combate. Isto deixounos na 3ª plaza e fóra das medallas finais. Aínda así, gran competición do noso equipo, quen loitará do 5º ao 8º na derradeira xornada. 

Victorias 3-0 vs Escola, 3-1 vs Lugokan Blanco, 1-0 vs Coruña A e 4-0 vs Shiai Azul. Derrota 0-2 vs Avilés A.

O equipo Blanco s11 tivo pleno de victorias na liga B e competirán polos postos 13º ao 15º na xornada final. Venceron por 2-1 a Shiai Blanco, 1-1 (10-13 en puntos) a Cristo Rey-Dominicos, 4-0 a Oleiros E e 3-1 a Lukus. 

Nos s13 o equipo Azul tivo 2 victorias e 3 derrotas. Gaña 4-1 a Lukus e 3-2 a Oleiros B; perde 1-4 vs Avilés A, 2-3 vs Muralla Tiger, e 1-4 vs Hércules. Loitará na xornada final dos postos 5º ao 8º. Gran competición tamén. 

O s13 Blanco fixo pleno de victorias por 2-1 vs Oleiros A, 3-0 vs Escola e 3-2 vs Becerrá. Estará na disputa dos postos do 13º ao 15º o próximo día de liga. 

Noraboa aos nosos 4 equipos pola súa gran actuación!!








No hay comentarios:

Publicar un comentario