sábado, 15 de febrero de 2025

SUPERCOPA ESPAÑA SENIOR, MARIN

Hoxe sábado 15 febreiro tiñamos a 2 judokas na Supercopa de España Absoluta de Mariín, Pontevedra.

Os obxectivos eran principalmente facer combates de calidade de cara ás metas da temporada senior para David e, no caso de Claudia, como preparatorio para o sector junior do nacional a próxima fin de semana. En ambos casos derrota con posibilidade de repesca, pero quedaron os dous fóra das medallas. David en -90kg tiña un cuadro propicio a priori para avanzar, pero non tivo o seu día e perdeu vs dous judokas moi estáticos contra os cales tacticamente houbo erros importantes. En -52kg Claudia facía un primeiro bo combate, faltounos usar mais o agarre dominante, a rival asturiana aproveitou as súas opcións e obtía a victoria en chan. Na repesca combate igualado pero perdemos por luxación.

Unha mágoa non ter sacado mais proveito das nosas opcións, pero unha boa experiencia para mellorar, seguir cos elementos positivos e limar detalles.




No hay comentarios:

Publicar un comentario