domingo, 26 de octubre de 2025

SUPERCOPA ESPAÑA S18, AVILES: HUGO BRONCE

Esta fin de semana tiñamos un único participante no Gran Evento de Avilés, concretamente na categoría s18. Hugo Viqueira viña co claro obxectivo de sumar puntos para os ranking nacional e galego. Acudiu coa nutrida expedición do NuGa 😃

A pesar de estar un tanto irregular na súa actuación, sen dúbida o ouro era unha posiiblidade real nunha categoría en cuxa final loitaron judokas xa batidos nalgunha ocasión por Hugo.

Tras librar unha ronda como cabeza de serie e despois dun primeiro combate atascado que acabamos sacando adiante, perdemos por impaciencia ante un rival a quen vencimos nas dúas últimas ocasións e estando por diante no marcador. Cun wazari a favor tomamos un risco innecesario que leva a ser inmovilizado. Na repesca dúas victorias mais para chegar ao bronce ante o forte rival cántabro, onde imos detrás no marcador e nun tira e afrouxa en chan somos inmovilizados e inmovilizamos nós para ganar por ippon in extremis.

Noraboa a Hugo por un novo éxito! A seguir traballando 🦾🦾





No hay comentarios:

Publicar un comentario