En xeral boa actuación d@s nos@s s15 e s18 hoxe en Cambre, tendo en conta que demos descanso a algún s18 dos que vai ás copas de España, que houbo algunhas ausencias e que para algún era a primeira competición da tempada.
Resultados:
Pratas: Liam Otero -46kg s15 e Claudia Vilaseco -70kg s18
Bronces: Nahuel Matarelli -38kg s15
Quintos: Simón González -42kg s15
Sétimos: Dani González -55kg s18
Tamén participarón Gabi -55kg s18, Martín López -46kg s15 e André Rodrigo -60kg s15.
A mala noticia foi a lesión por luxación de codo de Claudia, se ben parece que non reviste gravidade, co cal, será darlle tempo e rehabilitar ben.
Categoría sub15:
En -38kg saía Nahuel, quen perdía no seu 1º combate nos intres finais; na repesca victorias por contra e kouchi e merecido bronce. En -42kg Simón fixo bos combates pero nos estivemos acertados ao máximo nos desprazamentos, que levaban a situación de avantaxe dos rivais. Un bo quinto posto, en todo caso. En 46kg Martín non saiu moi fino nos agarres, o cal os rivais foron quen de aproveitar e tras perder no seu primeiro combate, caeu tamén na repesca, a pesar de facer mellor que ao principio. Na mesma categoría saía Liam, quen fixo un gran campionato, tendo un sorteo bastante complexo, con judokas bastante bregados. O primeiro resolve ben de cadeira, para logo gañar in extermis nun duro combate. De contra victoria nas semis cnado iamos por detrás no marcador. Na final empezamos ben pero o rival do Galicia Sur, máis experimentado, foinos superando nos agarres e pillounos nun barrido. Moi boas sensacións hoxe con Liam, asentado, ideas claras, ben tecnicamente. En -60kg tiñamos a André no seu primero torneo da tempada e na categoría, o cal o notou en gran medidad. Nos agarres nos quedabamos detrás e dabamos oportunidades que ben podiamos nós aproveitar. Perde en primeira e na repesca. Aínda así boa experiencia para empezar os campionatos.
Viñamos con 3 judokas, unha das cales xa mencionamos saiu lesionada, co cal malas sensacións para iniciar o turno cadete. 2 judokas en -55kg, con Gabi no seu primeiro evento tralo verán, o que se notou no ritmo dos combates; bos agarres pero faltos de garra, perdemos na primeira ronda e na repesca. Dani viña de facer unha pausa por un toque na muñeca, pero iso non impidiu que no seu estreo na categoría, no peso e na tempada fixera unha boa competición. 4 combates nun nutrido peso para acabar sétimo (!). Perdemos nun duro combate contra o rival do JC Coruña, quen foi mellor nos agarres principalmente e nós regalamos dous shidos seguidos por romper agarres. Nos seguintes combates na repesca loitamos máis finos, gañando os dous seguintes, para logo no pase ao bronce, combate duro que perdemos ao final. Bo comezo para Dani.
Saímos polo tanto contentos, dadas todas as circunstancias, e queremos seguir traballando para nos torneos que veñen e poder dar un salto de calidade, sobre todo na remesa numerosa que temos de sub15 de primeiro ano, que precisan ir collendo experiencia.




No hay comentarios:
Publicar un comentario