Nova medalla nunha copa de España para Hugo Viqueira en -81kg, está vez en Getafe Madrid Copa A. Non é a esperada, xa que os erros se pagan caros e tivemos un en semis indo por diante no marcador e un risco innecesario levou a un ippon contra o rival cántabro, a quen xa venceramos noutro evento.
Isto non desmerece a actuación de Hugo, librando en primeira, para logo vencer de maneira expeditiva contra o madrileño Amores. Tras as semis, non saímos ben contra o seu rival polo bronce, tamén madrileño, sen o control habitual e con moitas precipitación. Yuko in extremis que nos daba o bronce.
Polo tanto, máis puntos nos ránkings nunha nova saída co NuGa, o núcleo galego.
De todo se aprende, sobre todo dos erros, e seguiremos traballando para que Hugo continúe coa gran progresión que mostra.


No hay comentarios:
Publicar un comentario