De volta ao núcleo de adestramento da USC, froito do convenio entre a delegación de judo de Santiago e Federación Galega de Judo, coa colaboración da USC.
Na primeira quenda cos s11 e s13 tiñamos case a metade do total de judokas participantes da comarca santiaguesa, Coruña, Pontevedra, Estrada, Vedra, Lugo, etc. 15 representantes do club tomaban parte na primeira parte.
Na segunda quenda tiñamos a tres s15 - Martiño, Iam e Simón -, un s18, Hugo, e dous Juniors - Claudia M e Mateo.
Boa oportunidade de compartir tatami con outros clubs e probar cousas, así como acumular horas de tatami para os picos de tempada que se achegan.



No hay comentarios:
Publicar un comentario