domingo, 28 de diciembre de 2025

27 DECEMBRO: RECICLAXE ADESTRADORES e ADESTRAMENTO FEDERATIVO

Esta fin de semana non había campionatos, pero si actividades necesarias para a preparación d@s nos@s judokas fronte aos próximos compromisos e, por outra banda, para a formación dos senseis do club conforme ao programa actualizado de exames de cinto negro da Federación Española de Judo.

O curso de reciclaxe foi impartido no tatami do colexio Liceo La Paz en Coruña pola ex campiona do mundo, a arxentina Daniela Krukower, actualmente representante da IJF, Federación Internacional de Judo. Participaron os sensei Manuel e Nico en dobre xornada de mañá e tarde.

Entre ambas sesións tiña lugar o adestramento federativo, tamén en dúas quendas, no que estiveron Mateo Bello, David Álvarez, Hugo Viqueira, Liam Otero e Claudia Vilaseco.

Sen dúbida un bo xeito de rematar o ano.

Liam coa olímpica Laura Martínez Abelenda, quen impartiu o adestramento xunto ao olímpico e ex campión de Europa Óscar Peñas.

Liam e Hugo cos compañeiros Samuel e Sergio do JC Escola

Mateo, David, o sensei Manuel, Hugo, 
Liam e Claudia V



No hay comentarios:

Publicar un comentario