A xornada nº 4 da Liga Rías Altas tiña lugar o día de San Valentín no barrio de San Valentín (!) en Fene. Desta vez decidimos acudir cos s15, c@s s18 e co equipo senior. En xeral, moi satisfeitos coa nosa participación, non tanto polos bos resultados, senón sobre todo pola mellora importante de varios aspectos nos que estamos a traballar. A actitude de tod@s foi a mellor, tratando precisamente de probar cousas, asentar traballos e mirar para arriba.
O resume dos resultados:
🥇Hugo Viqueira s18 -90kg
🥈Nahuel Martarelli s15 -38kg
🥉 Simón González s15 -38kg, Martín López s15 -46kg, Claudia Vilaseco s18 +63kg
Fóra das medallas: 5º Equipo Senior na competición por equipos mixtos e Dani González s18 -55kg.
CATEGORÍA S15 INDIVIDUAL
Moi bos resultados dos 4 participantes, xa que fixeron moitos combates, disputados contra rivais duros en xeral e con moi boa actitude. En -38kg Nahuel rozou o ouro, perdendo o seu único combate dos 4 disputados, ao final do mesmo. O resto en xeral moi ben, cousas que temas que corrixir, pero ao mesmo tempo asentando traballos recientes. Simón empezou irregular, para logo afinar, lograr o bronce e nun dos seus combates gañados, conseguía un gran ippon. En -46kg Liam viña da "carnicería" da Supercopa de Montijo co intención de corrixir detalles e recuperar as mellores sensacións. Gañou os seus 4 combates con autoridade para adxudicarse o ouro. Nese mesmo peso Martín López foi quen de recuperarse e acabar bronce tras 4 combates duros. Moi bo traballo dos catro!
Podium -38kg
CATEGORÍA S18 INDIVIDUAL
Nesta ocasión trouxemos a 3 judokas cadetes: Claudia Vilaseco +63kg, Hugo Viqueira -90kg e Dani González -55kg. O obxectivo claro era de acumular combates: no caso de Hugo, subido de -81 a -90, dado que a normativa da liga non permite a participación nas competicións individuais dos primeiros dos rankings galegos, facer combates tralas copas de España, campionatos galegos e nacional junior. É dicir, nun ambiente máis relaxados asentar traballos e probar. Curiosamente a final, logo das súas victorias en cuartos e semis, foi contra outro -81kg, vello coñecido de Hugo, que pola mesma razón do ranking subiu a -90kg neste evento. Polo tanto, obxectivo cumprido ao 100%.
En -55kg saída Dani con moi bos agarres, boa actitude, pero os erros páganse caros e fallamos algo nos desprazamentos á hora de atacar, o que foi aproveitado polo rival no primeiro combate, e na repesca polo seu segundo rival. Pero imos polo bo camiño. Paciencia e insistir no traballo dos adestramentos. Dani foi dirixido nos combates polo compañeiro Mario Vilaseco, quen estivo axudando ao equipo s18, xa que esta categoría coincidiu cos combates do equipo senior.
Claudia Vilaseco conseguía un bronce en +63kg, que pensamos ben podía ser máis, pero foi literalmente saíndo dun tatami co equipo senior, para enlazar sen descanso combates en s18. Claudia necesitaba este tipo de desafíos para dar un paso para adiante. E onte deu dous ben grandes, tras 6 combates entre ambas categorías, case seguidos todos, e contra rivais duras e moitas delas con máis experiencia. Na case totalidade dos mesmos chegaron ao final do tempo. O traballo de Claudia nestes últimos tempos está mellorando e seguirá, proba disto foi a súa actuación de onte.
Nesta ocasión ficamos fóra do podium, aínda que o rozamos tralo bronce e o quinto posto das dúas anteriores xornadas. Saían Antón López do JC Base -66kg, Giga Gigani -75kg con Mario Vilaseco de apoio, -85kg David Alvarez, +85kg Mateo Bello, -60kg Claudia Martínez, +60kg Claudia Vilaseco.
Cunha cadete dobrando, vari@s juniors e un só senior pensamos que a nosa actuación foi boa, a pesar dalgún erro aillado. Foron combates desputados, onde Giga tivo unha moi boa actuación, algúns judokas tocados tiraron para adiante, Claudia Vilaseco fixo case mellor en senior que en s18 en combates moi duros e o equipo en si foi competitivo.
Victoria ante Campolongo por 4-2; derrota en semis ante Cambre 1-5, merecida se ben o encontro foi máis desputado do que reflicte o resultado. No bronce vs Ferrolterra sabiamos que co equipo que traían, mestura de xente nova, con seniors e veteráns, iamos estar axustados e os matices darían a victoria. Con 0-3 no marcador, David e Mateo poñían o 2-3, co cal as -60kg xogabanse o empate ou a victoria para Ferrolterra. Combate durisimo ata o final ante a veterana rival, que ben puido ser para calquera lado, pero acabou con victoria para o outro equipo 2-4. Aínda así, o dito, o equipo deuno todo. Non hai nada que obxectar, ao contrario. Noraboa!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario