domingo, 8 de febrero de 2026

SÁBADO 07 FEBREIRO: RESULTADOS LIGA OLEIROS S11 e S13 + SUPERCOPA EXTREMADURA S15

Xa non sabemos cantas fins de semana levamos con dobles compromisos. Desta tocou a Supercopa de España s15 en Montijo, Extremadura, e pola outra banda a 1ª xornada da Liga do Concello de Oleiros na modalidade de equipos mixtos s11 e s13.

En Montijo tiñamos a Liam Otero -46kg, quen ía coa expedición do NuGa @nugajudo, coa finalidade de facer o maior número de combates nunha copa de España, as cales acudimos habitualmente, pero neste ano decidimos participar moi puntualmente c@s nos@s judokas da categoría s15 e centrarnos máis nas ligas en Galicia. Por traballo e calidade Liam ben podía ter feitos varios combates nunha dura categoría, pero o judo desenvolvido por Liam non foi o apropiado para o tipo de rival, quen nos gana por un yuko e aguantando os 2 shidos en contra. Na repesca en golden score deuse unha situación, canto menos polémica, porque o rival agarra a cinto desde moi arriba, o árbitro marca o mate, nese momento o rival entra un ouchi, o árbitro insiste no mate e o rival no seu ouchi, avanzando máis de 2 metros polo tatami e saíndose del, de feito, proxectando. O árbitro da shido a Liam, pero desde mesa danlle o yuko ao andaluz. Temos que aclararnos con certas normas, porque só levan a confusión. Temos que espabilar en certos niveis, e máis cando sabiamos o que facía o rival e entramos aínda así non seu xogo dos agarres. Agora a centrarse na Copa de España de Santiago. 

Na Liga de Oleiros temos tradicionalmente bos resultados cos equipos mixtos s11 e s13. Desta vez levamos a 1 equipo s11 e a 2 s13. Dous deles, un por categoría, acabaron primeiros do seus grupos e a vindeira xornada farán na liga A. O outro equipo s13 competirá o próximo día na liga B. A expedición ía comandada polo sensei Nico coa axuda do noso competidor Hugo Viqueira. Os equipos inscritos estaban formados por Dorotea, Ian, Adri, Bruno, Carme, Cristóbal, Brais, Diego, Gonzalo, Hugo, Clara, Martin, Héctor, Pablo, Matías, Caitán, Ian, Enzo, Leo, Filipo e Greta. 

En categoría s13 o equipo Terras Azul lograba 12 puntos con victorias por 5-0 ante Base, Coruña B, Oleiros D e 4-1 ante Culleredo. O Terras Blanco perdía 1-3 vs Shiai Blanco, 3-2 vs Coruña A e 0-5 vs Oleiros B. 

En s11 o equipo Terras de Santiago acababa igualmente con pleno de victoria, 4-1 ante Concepción Arenal e Avilés B, 3-1 vs Shiai Blanco e 2-1 vs Coruña A. 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario