domingo, 29 de marzo de 2026

CAMPIONATO GALICIA S15 e S18: PRATA HUGO e LIAM, 5º NAHUEL

Por fin chegaba o pico da tempada para a meirande parte d@s judokas en Galicia, incluid@s @s nos@s. A baixa por lesión de Claudia Vilaseco hai unhas semanas, quen podía estar arriba en -70kg, deixabanos cun equipo completo masculino. Tendo en conta o transcurso da tempada, os nosos obxectivos eran variados: coller experiencia, facer combates de nivel, volver a enfrentarnos a moitos dos rivais habituais nas ligas por Galicia, buscar a medalla, clasificar para o Campionato de España... 

Os resultados foron bos en conxunto, se ben quedamos cun pequeno sabor agridoce, porque perdimos os tres combates nos que nos xogabamos 2 ouros e un bronce. E nos tres casos perdimos por matices, pero cantas veces repetimos que na competición os pequenos detalles importan e son a miúdo os que dan a victoria ou a derrota. 

Dúas pratas e un quinto posto nun campionato de nivel en moitos do pesos foron a nosa bagaxe.

Prata (2): Hugo Viqueira -81kg s18 e Liam Otero -50kg s15
Quinto (1): Nahuel Martarelli -38kg s15
Participaron tamén: Martín López, Simón González, Martiño Romero, André Míguez e Dani González. 


Unha das lecturas que sacamos é que en moitos pesos os que estiveron arriba eran, sobre todo en s15, os que participaron nas ligas Serpe e Rías Altas, co cal, aparte das Copas de España, reforza a idea da importancia de estar presentes nelas. Unha das categorías con mellor nivel xeral, por exemplo, na nosa opinión, a de -38kg infantil foi un déjà vu das ligas antes mencionadas. 

Nesta categoría tiñamos a Simón e a Nahuel. Simón empezaba xa forte a competición ante Mino do Ferrolterra, à postre prata no campionato. Moi duro rival e nós non saímos coa intensidade e traballo de agarres necesarios. Na repesca outro duro rival, Raúl Díaz do Bitácora... e repítese o esquema. Temos que traballar isto, sobre todo porque aínda que o escenario non é mesmo que nas ligas e na Copa de España de Santiago, os rivais si que o eran e esta maneira de entrar no tatami mostrárona varios dos nosos. 

Nahuel viña de facer unha gran Copa de España e unha xornada de liga Serpe peor, pero a igualdade nesta categoría é inmensa. En 1ª ronda victoria ante ou ourensán González. En 1/4 de final mala xestión do combate no que iamos por diante por wazari, dedicámonos a defender con postura ultradefensiva e a 12 segundos do final caenos o 3º shido. Unha mágoa... Aparte, temos traballado estas situacións ata a saciedade. Reponse na repesca Nahuel e gaña vs Freire do Ferrolterra. No bronce vs Castro do Lugokan, contra quen xa fixemos un par de veces nas ligas, bo comenzo, sabemos do bo facer nas contras do rival, bo ataque de Nahuel. Pero aí ven a cuestión dos detalles: no seguinte momento volvemos atacar ca mesma técnica, o lucense estaba a esperarnos, cóntranos, dan wazari, que é rectificado a ippon. Aínda así, gran competición de Nahuel nun ano no que mostrou unha progresión importante. 

En -46 kg saía Martín López vs Costela do Culleredo (á postre 5º) na previa. Saímos ben, bos agarres, pero quedamos parados de súpeto e o rival proxecta e quedamos sen repesca. En -50kg Martiño non sae tampouco con intensidade... contra quen ao final foi o gañador do peso. Na repesca un pouco do mesmo e derrota ante o vigués Corredera. André en -60kg tamén saiu con falta de intensidade ante Ríos do Encontro, perdemos e ficamos sen repesca.  

En -50 tiñamos tamén a Liam, quen leva un bo ano, se ben a miúdo coa sensación de falta de rematar. Nas últimas competicións cada vez estaba con mellor nivel e tomamos unha decisión arriscada, pero xustificada: subilo de peso tras facer toda a tempada en -46kg. Saiu ben a xogada, e no seu primeiro torneoen -50kg fixo un gran campionato, vencendo a Iglesias de Oleiros, Carpintero de Galicia Sur e Pérez Santos do JC Lugo, nos 2 últimos remontando no marcador. A final ante Ponte Barca do Fibra, bos agarres, iniciativa, pero ao igual que noutros combates en momentos concretos desprazamentos regulares nos ataques, que deixaban espazos que o rival foi quen de aproveitar e marcanos 2 yukos. Noraboa en todo caso a  Liam, facendo unha gran segunda praza.. 


En cadetes tiñamos a 2 representantes. Dani saía nun peso complexo, -55kg, dado o perfil tan variado dos judokas. En 1ª ronda perdemos antes o lucense García, quen sería prata ao final. Falta de intensidade pola nosa parte e na repesca volvemos a caer no mesmo. En -81kg tiñamos a Hugo Viqueira, top 6 do ranking nacional e 2º do galego a 10 puntos do 1º e xogándose o pase directo ao cpto de España. Tras librar en 1º como cabeza de serie, en 1/4 de final combate regular pero resolutivo ante Liñares do JC Senín, para nas semis vencer por 2 yukos a 1 ante Arrivi do Coruña, rival directo durante toda a tempada. Na final, estaban os 2 primeiros cabezas de serie e unha mestura de mala xestión de agarres pola nosa parte en certas situacións, plantexamento simple pero efectivo do rival e matices nas puntuacións dos varios ataques de Hugo, acabou cun marcador de wazari e 1 yuko de Fernández do JK vs 2 yukos de Hugo. Cremos que Hugo fixo máis por gañar o combate, pero o judo é así. Foi unha moi boa final e agora a esperar se é convocado para o nacional. Noraboa en todo caso polo seu sacrificio, constancia con 8 medallas entre junior e s18 esta tempada en copas de España e cptos de Galicia e, sobre todo, a motivación e ilusión que mostra. Estes está convocado coa selección galega no stage nacional de Marín. O 2 de abril temos a 6 judokas no stage de Alberto Gaitero en Santiago... e a seguir.



En conxunto, resumindo, un bo campionato, con moi boas actuacións e outras menos boas, froito dos nervios, inexperiencia, sorteos complicados ante os que non se pode saír sen intensidade... pero consideramos que todos eles están adestrando forte, con ilusión, participando en  moitos eventos e, tendo en conta que os s15 salvo 1 eran todos de primeiro ano - aos que se lles unirá o tropel que ven de atrás e suben a s-15 en breve -  fan que esteamos moi ilusionados con estas categorías para o que queda de tempada e xa pensando na seguinte. Noraboa a todos!


No hay comentarios:

Publicar un comentario