Finalizamos outra fin de semana con dous días de eventos encarando xa o Campionato Galego s15 e s18 a disputarse en Marín o sábado que ven. Máis días de traballo acumulados de cara a este gran obxectivo e para os seniors tratar de sumar puntos para a tempada seguinte con esta copa e engadir máis competicións ao peto para seguir mellorando.
Na Supercopa de España senior de Marín, o sábado 21 de marzo, ao final saíron ao tatami 2 judokas, coas baixas de Giga, quen fará unha longa pausa, e Mateo por ter tocado o nocello e non queremos tomar riscos innecesarios. David Alvarez saía en primeira ronda de -90kg ante o vasco Aristegui. Cos primeiros agarres aínda en xogo, tratamos un cambio atrás inadeacuados ao momento e á postura de ambos judokas, co cal metémosnos sen equilibrio tralo rival... para ippon... e sen repesca... Combinamos boas actuacións con boa cabeza con tomas de decisións en combate, que non son as ideais. Toca seguir afinando estes temas.
Claudia Martínez en -52kg volve pouco a pouco ao seu nivel e onte, aínda cando non estivo o fina que debía e concedeu avantaxes no marcador con agarres dominantes dela, foi quen de remontar grazas ao seu traballo físico e tamén á paciencia para ir remontando vs a vasca Manzanas, con victoria de ouchi, e a galega Domínguez por luxación. Na final ante unha rival coñecida, a internacional Marta Gaitero, con quen habitualmente facemos un bo papel. Desta vez, bos agarres, pero mala defensa e a rival cólasenos dúas veces abaixo para 2 wazari. Aínda así, ficamos moi contentos pola merecida medalla, polas boas sensacións en moitas partes do campionato e polos puntos que nos da este gran resultado.
En Rábade tiña lugar a 3ª xornada da Liga Serpe, na que estivemos presentes con judokas s13 e s15. Os primeiros coa intención de voltar ás competicións individuais tralas xornadas por equipos en Oleiros e para os s15 un test para correxir e probar cousas, o último antes do Galego. E diso se trataba e nada máis. O feito de que non haxa resultados por xornada, senon que se suman puntos en cada quenda ata o final da liga, tamén axuda a este propósito. 3 combates fixo cada un dos nosos, con distinta fortuna. Pero o obxectivo foi cumprido: probar, afinar, acertar, equivocarse... e tomar nota de todo. Gran parte dos participantes no Campionato de Galicia estaban presentes, o cal nos vale e moito para a nosa análise. Participaron do noso club:
Sub13: Diego, Ian, Filipe e Pablo.
Sub15: Simón, Nahuel, Martín, Martiño, Liam e André
No hay comentarios:
Publicar un comentario